Galicia anuncia o conxunto cadete para a Txuma

Publicado por: F.G. Ciclismo

Tema: 

O seleccionador galego Guillermo Sande deu a coñecer a lista de seis ciclistas que tomarán parte na VII Txuma Cadete. O combinado galego estará composto por tres membros do Ponteareas, dous do Compostelá e un da Escola de Ciclismo de Redondela. Entre os convocados destaca a presenza do ponteareán Manuel Rodríguez, recente campión de España cadete. Miguel Rodríguez Novoa e Jorge Fernández son os outros dous membros do conxunto laranxa no equipo galego. Adrián López Munin e Rubén Fandiño do Mobles Compostela e Alexander García de Redondela completan esa convocatoria. Os galegos tentarán repetir o éxito nesta cita internacional na que xa logrará o triunfo na pasada edición con Miguel Mera.


Enlace con la noticia original: Galicia anuncia o conxunto cadete para a Txuma

Mas noticias relacionadas