Susana Alonso proclamouse campioa de España de Ultramaratón en Huelva

Publicado por: F.G. Ciclismo

A mosense Susana Alonso (Extremadura-Ecopilas) impúxose este sábado no Campionato de España de Ultramaratón que se celebrou na Huelva Extrema. A elite galega dominou a proba de principio a fin no percorrido de 190 quilómetros con 3.000 metros de desnivel acumulado. 

Alonso atravesou cada un dos avituallamentos en cabeza cunha clara vantaxe sobre María Díaz Pernía, que tamén ha mantivo estable a súa posición de medalla de prata desde os primeiros compases da competición. O podio completouno Mónica Restrepo, do conxunto galego Tres Lunas D.O. Valdeorras MTB Team. 

"Viña con moita precaución porque nunca tiña afrontado unha distancia tan longa. É unha recompensa ao traballo que estou facendo. Está dando os seus froitos", comentou a nova campioa de España tras cruzar a liña de meta.  


Enlace con la noticia original: Susana Alonso proclamouse campioa de España de Ultramaratón en Huelva

Mas noticias relacionadas