Galicia suma o bronce no btt feminino do Campionato de España Escolar

Publicado por: F.G. Ciclismo

Tema: 
As probas de btt trouxeron á Selección de Galicia un novo metal nos Campionatos de España escolares, o bronce do equipo feminino de btt. O combinado formado por Noela Saa, Laura Capa, Laura Fernández e Zaira Vila conseguiu acceder ao terceiro posto do podio tras as seleccións de Andalucia (ouro) e Cataluña (prata). Os representantes masculinos quedaron ás portas do podio por equipos coa cuarta praza.
A nivel individual a macedana Noela Saa foi a mellor entre as galegas cunha oitava posición seguida de Laura Capa. Laura Fernández foi 18º mentras Zaira Vila retirouse por averia. Sara Méndez (Cataluña) foi a gañadora da proba de montaña e completa así un palmará no que xa tiña o título de estrada que obtivera o pasado ano en Avila.
O ponteareán Miguel Rodríguez Novoa asinou unha magnífica quinta praza a pesar de sufrir unha caída cando circulaba en terceira posición e viuse obrigado a remontar. Jorge Fernández foi oitavo e Marco Nube 19º. Fabián Rodríguez acusou o calor e una caída e rematou na 45ª posición.
En canto aos podios dos mozos, Alberto Barroso (Andalucía) defendeu o título nesta que xa lograra nesta modalidade en 2017. A pesar de verse obrigado a remontar unha mala posición de saída foi capaz de alcanzar a cabeza en apenas dúas voltas e marcharse en solitario para alzarse co triunfo con máis de vinte segundos de vantaxe sobre o balear Francesc Barber, prata e do catalán Marc Vilardell (bronce).
Na xornada do sábado estivo concentrada a maior parte da competición que se iniciou coas probas de liña infantís na sesión matinal. Por vez primeira nuns Campionatos de España en Idade Escolar disputouse a proba nun trazado en liña de 13 quilómetros, nada que ver coas habituais probas en circuíto. Os nervios propios destas categorías de iniciación provocou un bo número de enganchones que aínda que non rexistrou maiores incidencias, se provocou a fractura nos pelotóns.
En categoría feminina o dominio ao longo de toda a proba foi para as representantes cataláns que con todo non puideron obter o premio do Campionato ao ser superadas na recta de meta pola valenciana Vania Rico. As catalás tiveron que conformarse coa prata e o bronce individual a cargo de Lucía García e Estefanía Jimenez respectivamente e o ouro por equipos.
A proba masculina resolveuse cando apenas levaban 4 quilómetros de carreira. Nese punto foi onde o navarro Xabier Zabala probou sorte de lonxe e obtivo unha renda de 15 segundos que soubo dosificar ata a mesma liña de meta na que obtiña o premio de proclamarse Campión de España infantil.

Último día para a categoría cadete
A última xornada está destinada ás probas en liña das categorías cadete feminina e masculina. A partir das nove da mañá entrarán en competición as mozas para cubrir un trazado de 48 quilómetros de distancia. Ás once será a quenda dos mozos que disputarán a súa proba nunha distancia de 61 quilómetros. Unha vez máis os galegos afrontan esta última sesión dos Campionatos coa ilusión de cobrarse algún metal. Os galegos presentan un bloque compacto co que tentarán subir ao podio.
RESULTADOS PROBA EN LIÑA INFANTIL
EQUIPOS FEMININO EQUIPOS MASCULINO
OURO Cataluña Murcia
PRATA Madrid Navarra
BRONCE Cantabria Euskadi

Infantil Feminino Infantil Masculino
OURO Vania Rico (Valencia) Xabier Zabala (Navarra)
PRATA Lucía García (Cataluña) Daniel Pérez (Murcia)
BRONCE Estefania Jimenez (Cataluña) Mikel Uncilla (Navarra)

RESULTADOS PROBA BTT
EQUIPOS BTT FEMININO EQUIPOS BTT MASCULINO
OURO Andalucia Cataluña
PRATA Cataluña Andalucia
BRONCE Galicia Illas Baleares

BTT Feminino BTT Masculino
OURO Sara Méndez (Valencia) Alberto Barroso (Andalucia)
PRATA Lucía Gómez (Illas Baleares) Francesc Barber (Illas Baleares)
BRONCE Andrea Pascual ( Andalucia) Marc Vilardell (Cataluña


Enlace con la noticia original: Galicia suma o bronce no btt feminino do Campionato de España Escolar

Mas noticias relacionadas