Irene Trabazo encadea en Vic a súa segunda vitoria UCI C2 e Iván Feijoo remata segundo

Publicado por: F.G. Ciclismo

Modalidades: 

Os especialistas galegos en ciclocrós despediron con bos resultados e sensacións o tríptico de probas catalanas puntuables para os rankings da Unión Ciclista Internacional (UCI). Na terceira destas citas de nivel C2, dous dos nosos representantes pisaron o podio en Vic. 

Irene Trabazo repetiu vitoria na categoría Sub-23. Despois do día anterior terse imposto en Manlleu, a marinense do XSM cruzou a liña de meta en sétima posición da carreira raíña feminina, a 3:04 da vencedora Lucía González (Nesta), e con 1:08 de vantaxe sobre a segunda sub-23 Paula Suárez (Euskadi).

Preto de encadear o seu segundo triunfo quedou Iván Feijoo nos sub-23. O alaricano do Nesta, sétimo na clasificación absoluta a 2:05 do gañador Felipe Orts (Mutua Levante), viuse nesta ocasión superado por Jofre Cullell (Megamo), que o bateu por 20". 

"Un percande de última hora fíxome saír en última posición, pero o circuíto e as condicións viñéronme ben para rapidamente poder remontar durante as primeiras voltas. Logo collín o meu ritmo e ía pasando xente ata chegar á sétima praza final. Conclúen estes días onde o mellor foron as sensacións, véxome recuperado e con ganas de que chegue a próxima fin de semana", valorou Feijoo.

O podio sub-23 completouno Gonzalo Inguanzo (Giménez Ganga) e a quinta praza ocupouna o limiao Carlos Canal (Burgos BH), a súa vez duodécimo na xeral da carreira. 

Por último, nos juniors Zoe del Río (XSM) tivo que conformarse coa duodécima praza ao sufrir unha avaría mecánica cando rodaba oitavo na penúltima volta. 

 

Foto: Escola Irene Trabazo

Máis información


Enlace con la noticia original: Irene Trabazo encadea en Vic a súa segunda vitoria UCI C2 e Iván Feijoo remata segundo

Mas noticias relacionadas