PRESENTADO O CAMPIONATO DE GALICIA CRI

Publicado por: F.G. Ciclismo

O salón de plenos do Concello de Cerceda foi o escenario para a presentación oficial do Campionato de Galicia de contrareloj individual que se disputará o próximo dia 17 aprevechando a festividade do Día das Letras Galegas. No acto estiveron presentes o alcalde do Concello anfitrión do evento, José García Liñares, ademais do presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz; Guillermo Sande, responsable técnico e Seleccionador ademais do ciclista Iván Montero, subcampión de España de handbike.

O Campionato disputarase en Cerceda sobre un trazado de 15,7 quilómetros e contará cunha participación de 250 deportistas, un número limitado para permitir desenvolver o evento de maneira controlada. Disputaranse un total de doce categorías que abarcarán desde os cádetes aos master incluíndo nesta edición a modalidade de ciclismo adaptado handbike tanto en categoría masculina como feminina. En liña de saída estarán representados a maior parte de equipos galegos que comezarán a súa participación a partir das nove e media da mañá.


Enlace con la noticia original: PRESENTADO O CAMPIONATO DE GALICIA CRI

Mas noticias relacionadas