As mariñas coruñesas centran o interese do ciclismo galego coa disputa do Campionato de ruta

Publicado por: F.G. Ciclismo

Este domingo día 20 de maio terá lugar a celebración do Campionato Galego de Fondo na estrada Elite Sub-23, Gran Premio Consorcio As Mariñas. O Club Ciclista Cambre Caeiro organiza esta prestixiosa proba con saída e chegada en Avd. Xoan Carlos I (Culleredo) e que percorrerá os oito municipios pertencentes ao Consorcio.

Un percorrido de 118 km coa subida ao Monte Xalo como dificultade montañosa máis destacada. A proba ciclista contará coa participación de máis de 100 corredores de equipos de Galicia, Asturias, León e Portugal. “Será un percorrido esixente e espectacular”, augurou o presidente do Club Ciclista Cambre, Antonio Carrodeguas. A organización contará cun equipo voluntario de 100 persoas de todos os concellos para o dispositivo de seguridade. O operativo terá 15 motos da Garda Civil de Tráfico e outras 16 da organización. Pola súa banda, o presidente da Federación Galega de Ciclismo mostrouse encantado por conxugar o transporte sustentable en bicicleta coa promoción da reciclaxe. Tamén destacou a dinamización da contorna que logra o ciclismo e a riqueza paisaxística que se poderá ver no percorrido. A proba está financiada ao completo por Ferrovial, concesionaria do servizo de recollida de residuos sólidos urbanos do Consorcio.

O I Gran Premio Consorcio As Mariñas será o pistoletazo de saída para unha campaña de compostaxe doméstica promovida polo ente supramunicipal.

Para difundir esta campaña, o Gran Premio ciclista terá por slogan # pedaleoareciclar. No recinto multiusos da ría do Burgo dispoñerase unha carpa como punto informativo para os veciños. Haberá contedores para o depósito de oito tipos de residuos e repartiranse camisetas e bolsas da campaña. Haberá tamén un ecophotocall e talleres sobre compostaxe.

 

Fonte: CC Cambre


Enlace con la noticia original: As mariñas coruñesas centran o interese do ciclismo galego coa disputa do Campionato de ruta

Mas noticias relacionadas