Jorge Martín Montenegro (Cortizo- Anova) vencedor da regularidade na Volta a Tenerife

Publicado por: F.G. Ciclismo

Modalidades: 

O equipo elite e sub23 do Cortizo- Anova desprazou a sete dos seus corredores este fin de semana a Canarias para disputar a LXIII edición da Volta Ciclista Illa de Tenerife. Unha rolda que percorría 200 quilómetros, divididos en 4 etapas, con 3 metas volantes, 4 portos de montaña e 3 esprines especiais.

Jorge Martin Montenegro foi o corredor máis regular da volta ao conseguir meterse entre os primeiros postos en todas as etapas, destacando dous segundos postos tanto na etapa reina como na etapa final. Na clasificación xeral, Montenegro subiuse ao terceiro caixón do podio. A proba foi gañada por Eusebio Pascual (Mutua Levante) e segundo foi Adriá Moreno (Foix en Provence) 

O valenciano do equipo padronés, Marc Sánchez, foi o gañador dos esprines especiais. Á proba tamén acudiron Jesús Nanclares, que conseguiu a terceira praza na etapa reina, Óscar Aranda, Iván Venter, Carlos Cajaraville e Gonzalo Cubino

Clasificacións completas

Fonte ©Comunicación equipo Padronés Cortizo Anova


Enlace con la noticia original: Jorge Martín Montenegro (Cortizo- Anova) vencedor da regularidade na Volta a Tenerife

Mas noticias relacionadas