Juan José Álvarez impuxo a súa punta de velocidade na Copa Galicia Máster de Ordes

Publicado por: F.G. Ciclismo

Modalidades: 

 

Máis de 100 corredores participaron este domingo no I Trofeo Ciclista Concello de Ordes. A proba, terceira puntuable para a Copa Galicia Máster de Estrada, transcorreu ao longo de 75 quilómetros, englobando as categorías Júnior e Máster 30, 40 e 50/60.

O podio da clasificación xeral estivo encabezado por Juan José Álvarez (Máster da Louriña), que se impuxo no sprint final seguido de José Igancio Méndez (Garaje Paco) e do máster-40 Darío Arias (Código Atlántico). O vencedor situouse como novo líder da súa categoría na Copa Galicia, mentres que Rubén Fernández (Norinver) conservou o maillot máster-40 e o seu compañeiro de equipo Javier de la Fuente, gañador do seu grupo de idade en Ordes, o máster-50-60. O primeiro júnior foi Jorge Suárez (Cidade de Lugo – Pescados Rubén).

 O I Trofeo Ciclista Concello de Ordes inclúese dentro da III Challenge do Club Ciclista Asociación Galega de Ciclismo (CCAGC) , a cal consta de tres probas que puntuarán entre todas para proclamar o vencedor final. Estas serán as dos concellos da Estrada e O Pino, previstas para o 15 de abril e 6 de maio respectivamente. Para poder optar aos premios finais da xeral será imprescindible participar en todas elas.

A proba estivo organizada pola CCAGC en colaboración co Concello de Ordes. Entre o público asistente estiveron o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, así como as concelleiras Susana García e Ana Soneira.

Fonte: Compostela 24 horas 

Foto: Miguel Borrás

 

 


Enlace con la noticia original: Juan José Álvarez impuxo a súa punta de velocidade na Copa Galicia Máster de Ordes

Mas noticias relacionadas