Cumpríronse os prognósticos no arranque da Transgalaica en Cotobade

Publicado por: F.G. Ciclismo

Carballedo (Cerdedo-Cotobade) acolleu nunha calorosa mañá a saída da primeira proba da Transgalaica2020. Con 450 rexistrados, foron 301 os que conseguiron completar o percorrido no tempo marcado pola organización. A pesar do duro inverno que levamos o circuíto atopábase en óptimas condicións.

A proba masculina foi un toma e daca xa de saída ente Javi Busto e Anxo Lorenzo, cun numeroso grupo de oito unidades circulando a máis dun minuto desde os compases iniciais da proba. Ao final o corredor do Extol MTB Team impuxo a súa experiencia a un sorprendente Anxo Lorenzo que promete dar moita guerra esta tempada. O terceiro posto do caixón foi para Brandan Márquez nun pechado sprint con Miguel A. Arias e Alberto Alanis.

Entre as mozas Susana Alonso non deu opción ás súas rivais e relegou a Silvia García e Isabel Picoaga ao segundo e ao terceiro chanzo do podio.

Entre os equipos nova vitoria do Extol MTB Team por diante de Burgas Bike Team e CDM Xesteiras.

 

 

Clasificacións

Fonte: Transgalaica 


Enlace con la noticia original: Cumpríronse os prognósticos no arranque da Transgalaica en Cotobade

Mas noticias relacionadas