O Club Ciclista Riazor imponse na primeira proba da Copa de España de Ciclismo Adaptado

Publicado por: F.G. Ciclismo

Modalidades: 

A defensa do título por equipos acadado o ano pasado polo Club Ciclista Riazor na Copa de España de Ciclismo Adaptado comezou do mellor xeito posible. O conxunto coruñés impúxose na cita inaugural do certame estatal celebrada esta fin de semana en Badajoz. Os seus representantes lograron dous triunfos e dous terceros postos no circuíto urbano de 5,5 quilómetros polas rúas da cidade pacense. 

Os triunfos asináronos Mila López e Luis Javier Arcega. A corredora baionesa venceu na categoría WH4, mentres que o seu compañeiro de equipo colgouse o ouro na de MC3 por diante de Jaime Mariño (Lute Anguita) e Aitor Oleaga (Zumaiako), segundo e terceiro respectivamente. 

As terceiras posicións do Riazor protagonizáronas Xosé Manuel Vázquez na proba MC4, con Guillermo Prieto (Zuzenak) terminando primeiro e Ramón González, segundo; e Iván Manoel Montero. O líder do ranking MH5 no 2019 clasificouse en Badajoz por detrás do gañador Luis Costa e de Francisco Tamariz (Unlimited Whhels). 

Ao éxito da escuadra herculina tamén contribuíu Alex Ferradás, cuarto na táboa MH2. O segundo evento da Copa de España de Ciclismo Adaptado terá lugar nas Cuevas del Almanzora (Almería) o 19 de abril.

Máis información

 


Enlace con la noticia original: O Club Ciclista Riazor imponse na primeira proba da Copa de España de Ciclismo Adaptado

Mas noticias relacionadas