Máis de 300 ciclistas participarán no III Ciclocrós Val de Esmelle

Publicado por: F.G. Ciclismo

Modalidades: 

Esmelle acollerá este sábado o III Ciclocrós Val de Esmelle, cuarta proba puntuable para a Copa Galicia de Ciclocrós e na que participarán mais de 300 deportistas de categorías masculina e feminina, procedentes de toda Galicia. O evento deportivo converterá a Esmelle, e por tanto a Ferrol, no epicentro deste deporte.

Na contorna do Local Social de Esmelle deseñouse un circuíto considerado polos propios ciclistas como dos máis duros da Copa Galicia, con diferentes subidas e zonas técnicas, onde destaca a de asfalto que se afronta despois do paso das escaleiras.

As probas comezarán ás 14:30 horas, coas categorías de promoción (principiantes, alevín e infantil). A competición comezará ás 15.00 horas coa primeira saída para as categorías de máster 30/50/60 e máster feminino. Na segunda saída serán máster 40 e cadetes masculinos e femininos, e na terceira saída as categorías de elite, sub23 e junior tanto masculino como feminino. Finalmente a entrega de premios está prevista para as 6 da tarde.


Enlace con la noticia original: Máis de 300 ciclistas participarán no III Ciclocrós Val de Esmelle

Mas noticias relacionadas