Anxo Lorenzo (Cortizo) e Diego González ( Froiz) novos campións de Galicia elite e sub23

Publicado por: F.G. Ciclismo

Os corredor padronés Anxo Lorenzo (Cortizo  Anova) proclamouse Campión de Galicia 2018 de ciclismo en ruta ao finalizar segundo no Campionato disputado en Culleredo. O vencedor do I Gran Premio Consorcio dás Mariñas foi o seu compañeiro de equipo, o leonés Jesús  Nanclares quen non podía optar ao título. Na categoría  sub 23, o título foi para Diego González (Froiz)

O club ciclista Cambre  Caeiro foi o encargado de organizar esta edición do Campionato sobre un trazado de 118 quilómetros con subida ao Monte  Xalo como principal dificultade no perfil da proba. Os ciclistas de  Froiz foron os primeiros en tensar a carreira animando a outras escuadras para tratar de buscar a fuga de lonxe. Pero os continuos ataques fracasaban ante o alto ritmo do pelotón que marcou 43,7 quilómetros na primeira hora.

Anxo Lorenzo (Cortizo  Anova) era un dos que se animaba a meterse nalgunha desas escapadas deixando ver as gañas de pelexar pola proba. Tería que chegar ao  ecuador da carreira, aproveitando a parte dura do trazado, para buscar a meta en compañía do seu compañeiro  Nanclares con quen rodaría en solitario a segunda metade do percorrido.

En liña de meta,  Nanclares proclamouse vencedor da proba, seguido de  Lorenzo, que se alzou co título de Campión de Galicia en Liña. O terceiro posto foi para Jorge Martín Montenegro, completando un novo  triplete do Cortizo- Anova no podio, tal como fixese no Campionato de crono catro días antes

A categoría  sub23 tamén tivo  triplete nas medallas pero por parte do equipo pontevedrés do  Súper  Froiz. Diego González fíxose co ouro nesta categoría acompañando no podio Carlos  Amil (prata) e Daniel Rodríguez (bronce)


Enlace con la noticia original: Anxo Lorenzo (Cortizo) e Diego González ( Froiz) novos campións de Galicia elite e sub23

Mas noticias relacionadas