Mario Fernández e Tony Pérez asinaron dous segundos postos na primeira xornada do Open de España de Enduro

Publicado por: F.G. Ciclismo

Modalidades: 

O Open de España de Enduro 2018 arrancou coa quinta edición da EnduBítem e en terras catalanas dous galegos subiron ao podio. Mario Fernández (O Rosal) acadou a segunda posición na táboa júnior, o mesmo posto que ocupou Tony Pérez (Condado Bike) na máster-40. 

No percorrido de 33,3 kilómetros, con 1.230 metros de desnivel e 5 treitos cronometrados, Fernández tan so foi superado por Nacho Valverde (Calderona Bike) e a terceira praza correspondeulle a Marcos López (Laesport).  O rosaleiro non desaproveitou a mala fortuna de Nicolás Carrera (Coruxo). O vigués tivo que retirarse por mor dunha picada cando marchaba segundo.

En canto aos masters.40, Carles Barcons (MSC) foi quen impediu o triunfo de Pérez e o podio completouno Antoni Riera (Open Natura). Outro resultado destacado rubricouno Brais Boullosa (Bici Verde), noveno clasificado entre os sub23. 

Menos satisfeita regresou desde Catalunya a ponteareá Desiree Duarte. A galega era unha das favoritas ao triunfo na proba feminina, pero viuse obrigada a abandonar. 

A vindeira cita do Open estatal será na Comunidade de Madrid, onde o 8 de abril se disputará a La Adrada Xtrem. A continuación, o 20 de maio chegará a quenda da Montefaro Enduro Race nas localidades coruñesas de Mugardos e Ares. 

 

Máis información aquí


Enlace con la noticia original: Mario Fernández e Tony Pérez asinaron dous segundos postos na primeira xornada do Open de España de Enduro

Mas noticias relacionadas