Miguel Mera (MMR) primeiro líder da Txuma Internacional cadete

Publicado por: F.G. Ciclismo

Tema: 

O ciclista galego Miguel Angel Mera ( MMR) logrou enfundarse a camisola amarela ao termo da primeira xornada da VII Txuma Internacional de cadete que se celebra ata o domingo nas localidades biscaíñas de Berango e Erandio. Mera, gañador da edición 2017, impúxose na meta de Erandio con 13 segundos de vantaxe sobre Pablo Carrascosa 25 segundos sobre Francísco Javier Barqueiro, ambos os corredores do Quima Proingo.

A selección de Galicia non tivo sorte nesta primeira etapa e a pesar de realizar un bo papel en carreira pero víronse lastrados polas caídas sufridas que, aínda que non tiveron consecuencias, si lles impediron estar no grupo de cabeza do pelotón. O vixente campión de España, o ponteareán Manuel Rodríguez chegou a puntuar na clasificación da montaña.

A primeira etapa, ErandioErandio, de 49,3 quilómetros, disputouse sobre un percorrido completamente novo en comparación co realizado os últimos anos: primeiro completouse un circuíto polo que se pasou tres veces e que incluíu a subida a Arriagas, para na última volta subir ata DegolleneAndramari pola Madalena e Martiartu e despois baixar ata a ría para chegar de novo a Erandio. A segunda etapa disputarase o sábado, BerangoBerango, de 60,1 quilómetros e tamén ten moitas novidades. A saída darase esta vez na zona de Santa Ana, para ir despois en dirección a Larrabasterra e, pola costa, ata Plentzia, desde onde se subirá a Unbe e baixará, nun percorrido complicado, a Berango nas dúas primeiras voltas. Na última, de novo subirase a Unbe, pero esta vez polo Garden Center para buscar a meta na zona de saída.

A terceira etapa, o domingo 29, será o tradicional percorrido de 62 km con saída e chegada en Erandio.


Enlace con la noticia original: Miguel Mera (MMR) primeiro líder da Txuma Internacional cadete

Mas noticias relacionadas