NO MONTE COLLEMOS TODOS

Publicado por: F.G. Ciclismo

Tema: 

Por mor do inicio da temporada de caza menor, dende a Federación Galega de Ciclismo queremos facer un chamamento para a convivencia nos montes dos deportistas que os utilizan como escenario para levar a cabo as súas actividades. 

Dende este domingo, 20 de outubro, os cazadores botaronse aos montes. Alí compartiran espazo con outros deportistas como os ciclistas, que durante estas mesmas datas céntranse maioritariamente na campaña de ciclocross.

Todos teñen o mesmo dereito a gozar da natureza, sempre actuando con seguridade. Apelar ao sentido común é o primordial para que a sintonía entre os diferentes colectivos que coinciden nos montes sexa máxima.

Hai que respetar e ser respetado porque NO MONTE COLLEMOS TODOS


Enlace con la noticia original: NO MONTE COLLEMOS TODOS

Mas noticias relacionadas