Pontevedra xa vive o Campionato de España de ciclocrós

Publicado por: F.G. Ciclismo

Tema: 

A cidade do Lérez será a sede do Campionato de España de Ciclocrós que se celebrará os días 11, 12 e 13 de xaneiro. Nos últimos días estan a realizarse reunións previas para coordinar o traballo e esta fin de semana houbo unha visita do presidente da Federación Española de Ciclismo quen se reuniu cos organizadoras deportivos e institucionais do evento tralo que fixeron unha primeira presentación previa do Campionato.

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Lores estivo acompañado da Concelleira de Deportes, Anxos Riveiro. O rexidor quixo destacar a importancia de albergar un evento como este, que, sendo tempada baixa, reunirá preto de 800 ciclistas da elite, desde a categoría júnior ata máster-60. Tamén suliñou o enclave privilexiado para a súa celebración como é a Illa dás Esculturas e onde colaborarán as Facultades Ciencias da Actividade Física e do Deporte e Fisioterapia. Lores tamén quixo dar as grazas aos presidentes das federacións Galega e Española de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz e José Luis López Cerrón, por elixir Pontevedra para o devandito campionato.

Os dous presidentes fixeron fincapé no apoio recibido desde o Concello de Pontevedra para desenvolver actividades ciclistas na cidade e a aposta polo deporte en xeral. En representación da Xunta de Galicia, Guillermo Reinaldo Barcia, eloxiaba o bo facer desde o concello polo deporte base e transmitía a tranquilidade dun evento no que colaboren ambas as Federacións e Concello de Pontevedra, xa que será unha garantía de éxito.

Pola súa banda, o presidente da RFEC, José Luis López Cerrón, mostrouse encantado coa boa organización desde a FGC e cualificaba de magnífico o espazo onde se celebrará o Campionato de España, que, ademais, facilitará a súa retransmisión en directo e incidiu no auxe do ciclocrós no últimos catro anos, e a creación dos primeiros equipos profesionais e adiantou que se fará por primeira vez un campionato feminino.

Guillermo Sande, Director Técnico da Federación Galega de Ciclismo, explicou o circuíto que terá un máximo de 3,5 km e que contará con obstáculos, como escaleiras, que obrigarán aos corredores para baixarse da bicicleta. A pesar de que a priori pode parecer un percorrido menos duro do habitual, todo dependerá da climatoloxía.

A Selección de Galicia, que se proclamou campioa de España por equipos hai dous anos, atópase entre as favoritas xunto con Euskadi e Valencia, nun campionato que estará moi disputado


Enlace con la noticia original: Pontevedra xa vive o Campionato de España de ciclocrós

Mas noticias relacionadas