O Aleata-Farto feminino debuta en competición tomando parte na Volta a Valencia

Publicado por: F.G. Ciclismo

Modalidades: 

O equipo galego Aleata – Farto fará o seu debut histórico en competición tomando parte o domingo 10 de febreiro na Volta a Valencia, proba valedoira na UCI Women´s Team. O cadro profesional pontevedrés contará na súa primeira participación na máxima categoría do ciclismo en ruta, coas ciclistas Raquel Gisbert, Natalia Hortas, Katiuska García, Yamila Palacios, Diana Pedrosa e Jenyffer Pontes. Andrea Tomei, Ester Rubio e Cristina Bru parten como reservas.

A formación que prepara Luís Méndez realizou unha completa pretemporada en terras galegas desde o pasado mes de setembro e parte con moitas ilusións nesta primeira cita do seu calendario.

A clásica valenciana partirá desde Paterna a Valencia onde completarán un circuíto final de 7 quilómetros ao que darán cinco voltas completando así un total de 88,3 km de competición completamente chairos. Ademais do Aleta- Farto, tamén figuran oito conxuntos españois: Movistar, Bizkaia Durango, Sopela, Eneicue, Massi- Tactic, Belori, Delikia e Río Miera. A nivel internacional, atópanse dez escuadras: Alé Cipollini, BePink, Bigla, Canyon SRAM, Charente- Maritime, Health Mate, Lotto Soudal, Valcar Cylance, WNT- Rotor e MEXX- Watersley.

Para o debut do primeiro conxunto profesional feminino galego destacan a ciclista de Ibi, Raquel Gisbert que a pasada fin de semana conseguiu finalizar na terceira posición na Clásica Benixama ou a bejarana, Natalia Hortas, quen ultimaba a súa preparación para a rolda valenciana logrando unha gran segunda posición no Gran Premio Bicicletas El Bicho.


Enlace con la noticia original: O Aleata-Farto feminino debuta en competición tomando parte na Volta a Valencia

Mas noticias relacionadas