O costarricense Espinoza, primeiro líder da Ruta do Albariño

Publicado por: F.G. Ciclismo

Modalidades: 

A VII Ruta do Albariño – Memorial Modesto Sánchez Alba 'Teto' arrancou este sábado pola mañá en Meaño con dominio da formación portuguesa do Bairrada. Entre os cinco primeiros na cronoescalada ao Alto do Busto houbo catro representantes deste equipo luso. 

O mellor tempo asinouno o júnior Julián Espinoza. O costarricense do Bairrada completou os 3 quilómetros de ascensión en 9 minutos e 45 segundos. A segunda posición ocupouna Jesús Antonio García (Arte en Transfer-LPS), que rematou a 2" do gañador. 

Os outros dous corredores que conseguiron baixar da barreira dos 10 minutos foron Joao Carvalho (9:56) e Diogo Narciso (9:59), ambos do Bairrada, ao igual que Pedro Cripim (10:03). Idéntico rexistro que o quinto clasificado marcou Ramón Fernández (Aleata-Farto), primeiro sub21 e primeiro galego. 

Entre as mulleres María Correa (Aleata-Farto) rubricou o mellor crono (15:15), rebaixando en 33" o tempo de Irene Trabazo (XSM) e 1:28 o da súa compañeira de equipo Andrea Tomé. 

Este sábado pola tarde Meaño repite como escenario do segundo sector, unha carreira en liña de 65 km.  

Documentos: 

Enlace con la noticia original: O costarricense Espinoza, primeiro líder da Ruta do Albariño

Mas noticias relacionadas