Publicado por: F.G. Ciclismo
Ante o próximo comezo da temporada de Ciclocross 2018/2019, convocamos os todos os clubes interesados a unha reunión que terá lugar hoxe, venres 22 de xuño as 19.00 horas, na sede da Delegación Galega de Fútbol, sita no Estadio Multiusos de San Lázaro, de Santiago de Compostela, coa seguinte orde do día:
– Normativa de Ciclocross
– Elaboración do calendario galego da temporada de Ciclocross
– Axudas e posibles convenios para a realización de probas
– Información sobre o calendario nacional e autonómicos
– Estudo e análise de propostas para mellorar o Ciclocross galego
Enlace con la noticia original: Reunión de Ciclocross