O "Team Relay" abre o Campionato de España en Pontevedra con aspiracións para Galicia

Publicado por: F.G. Ciclismo

Modalidades: 

Galicia acollerá un Campionato de España de Ciclocrós trece anos desde a última ocasión en Ribadumia 2006 e unha vez máis será a provincia de Pontevedra e máis concretamente o seu capital, a encargada de recibir aos 900 ciclistas que pelexarán durante tres xornadas por lograr os títulos en xogo.

A  Illa dás Esculturas será o escenario deseñado para unha competición que arrinca este venres, a partir das catro da tarde co  Team Relay, unha proba de remudas onde as seleccións autonómicas participan cun total de seis corredores, compoñéndose o sexteto por un cadete, un  junior, unha femina, un sub23, un elite e un master.

A gran dominadora histórica é a selección do Principado de Asturias que suma nin máis nin menos que cinco cordóns (2009, 2010, 2011, 2013 e 2015), seguidos con dúas vitorias por Euskadi (2008 e 2014) e Cantabria (2016 e 2018), mentres que cunha vitoria atopamos á Comunidade Valenciana (2012) e a Galicia que logrou o ouro en Valencia en 2017

Galicia confía en facer valer o seu papel de anfitrioa no debut competitivo aínda que para iso terá que superar a grandes favoritas como son as de Asturias, Cantabria e  Eukadi.

Nesta edición, a Selección de Galicia estará composta polo elite, Saúl López; o  sub23 Iván Feijoo; a muller Irene Trabazo; o junior Carlos Canal; o cadete Miguel Rodríguez e o  master Andrés Calvete.

A principal favorita, Cantabria conta nas súas filas con varios dos vixentes campións de España como Ismael Esteban (elite),  Gonzálo Inguanzo (junior), Alain Suarez (cadete) ou Andrés Cadavieco (master) que representan a base do equipo gañador en 2018.

A proba disputarase sobre o trazado de 3,4 quilómetros que se presentan practicamente chairos e sen demasiado barro algo que favorecerá aos participantes máis rápidos pero que non debese xerar grandes diferenzas polo que o máis mínimo contratempo podería dar ao traste coa loita polas primeiras  preseas do Campionato.

Mañá sábado a xornada arrincará ás 09.30 coas probas de  master mentres que os cadetes competirán ás 15 horas. Ás cinco realizarase unha exhibición de promoción cos novos valores das escolas de ciclismo galegas.

Recepción ao  Delikia

Tivo lugar no consistorio pontevedrés unha recepción aos compoñentes do conxunto  Delikia Ginestar, un dos equipos de ciclocrós profesionais existentes en España. O acto estivo presidido pola concelleira de Deportes do  Concello de Pontevedra. Anxos Riveiro e o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz.


Enlace con la noticia original: O "Team Relay" abre o Campionato de España en Pontevedra con aspiracións para Galicia

Mas noticias relacionadas