Plan de reconstrución e activación do deporte español

Publicado por: F.G. Ciclismo

Tema: 

A Asociación do Deporte Español (ADESP) elaborou un documento co espírito de presentar o deporte como unha solución a moitos dos problemas aos que o noso país vai ter que enfrontarse nos próximos meses. O 'Plan de Reconstrución e Activación do Deporte Español' foi concibido como a viaxe post-Covid 2020-2021 (adxuntamos o documento para a súa consulta).

Por outra banda, o Boletín Oficial do Estado de onte recolle a aprobación no Congreso dos Deputados dunha nova prórroga para o Real Decreto 463/2020 polo que estado de alarma continuará ata o 9 de maio. 

Dende a Federación Galega de Ciclismo aproveitamos a ocasión para recordar que a federación continúa coa súa actividade a través do teletraballo: no correo electrónico federacion@fgalegaciclismo.es e no teléfono do presidente 630875447.

 


Enlace con la noticia original: Plan de reconstrución e activación do deporte español

Mas noticias relacionadas