Presentación do 3º Trofeo Concello de Culleredo de Ciclocross

Publicado por: F.G. Ciclismo

Modalidades: 

Este luns tivo lugar o acto de presentación oficial do 3º Trofeo Concello de Culleredo de Ciclocrós, que se celebrará o vindeiro venres día 1 no Parque de Acea de Ama.

O Club Ciclista Cambre, organizador desta proba, agradece a José Ramón Rioboo, alcalde de Culleredo, Miguel Suárez, concelleiro de Deportes de Culleredo, Dani Mallo, concelleiro de Deportes de Cambre e a Juan Carlos Muñiz, presidente da Federación Galega de Ciclismo, a súa asistencia a este acto que tamén contou coa presenza do presidente do Club, Juan Carlos Candal.

Máis de 400 ciclistas participarán nesta cita pertencente á Copa Galicia de CX e puntuable para o ranking estatal.

 

Fonte: Club Ciclista Cambre

Documentos: 

Enlace con la noticia original: Presentación do 3º Trofeo Concello de Culleredo de Ciclocross

Mas noticias relacionadas