Presentación do Aluminios Cortizo en Padrón

Publicado por: F.G. Ciclismo

Modalidades: 

O novo proxecto do Club Ciclista Padronés celebrou a súa presentación oficial este venres nun acto no auditorio do Centro Social de Padrón ao que acudiron os corredores de todas as categorías. Daban así o pistoletazo oficialmente a unha nova tempada, que será a número 64ª do club.

O equipo, arroupado polas categorías inferiores e un salón de actos cheo, fixouse expectativas de mellora para este próximo curso co principal obxectivo da Copa de España.

Oito novos corredores chegan á capital do Sar, onde destacan os ex profesionais Fran García Rus, Jesús Nanclares e o eritreo Saymon Mussie. Carlos Cobos, Diego González, Santi Alcoba, Cristian Lapido e o portugués Carlos Barreiros únense a un cadro de corredores confeccionado polo seu director deportivo, Jesús Blanco Villar na que continúan os seus dous pesos pesados, Jorge Martín Montenegro e Raul García de Mateos, ademais de Carlos Gutierrez, Carlos Blanco, Miguel Gómez, Gabriel Machado e o padronés Uxío San Martín.

O director deportivo, Jesús Blanco Villar, afrontará a súa oitava campaña co equipo co obxectivo principal de facer un bo papel na Copa de España, Volta Galicia e Volta a Coruña ademais de tentar revalidar o título na carreira de casa, a Clásica de Pascua.

Prova de abertura en Portugal, primeiro test para o Aluminios Cortizo

O equipo elite e sub-23 realizará o seu debut na tempada 2020 este domingo, en Portugal. Unha carreira na que compartirán dorsal con equipos profesionais.

 

Fonte: Club Ciclista Padronés


Enlace con la noticia original: Presentación do Aluminios Cortizo en Padrón

Mas noticias relacionadas