Presentación do Campionato de Galicia de Ciclocrós 2019 no Porriño

Publicado por: F.G. Ciclismo

Modalidades: 

Un circuíto de 2,5 quilómetros, habilitado no Velódromo do Porriño e na súa contorna, acollerá a celebración do Campionato de Galicia de Ciclocrós 2019 que terá lugar o domingo 29 de decembro. Disputaránse os títulos autonómicos masculinos e femininos, en todas as categorías, desde cadetes ata máster 60, cunha previsión de 400 participantes.

Este ano, as probas teñén valor engadido pois en xaneiro celebraráse en Pontevedra o Campionato de España de Ciclocrós de tal xeito que o test de Porriño servirá para que a Federación Galega de Ciclismo decida os seleccionables pola nosa comunidade autónoma.

No Porriño estarán o vindeiro 29 de decembro loitando polo título principal na categoría élite masculina e polo maillot coa bandeira de Galicia, os porriñeses Jorge Punzón, Luis Fernández Oliveira e Jacobo Ucha que terán ó monfortino Saúl Lopez coma o maior rival. Na categoría élite feminina, o título debería ser unha cuestión entre Diana Blanco, do club Banbanzabike e Chus Barros, do Spol.

No acto de presentación, Begoña Carpinteiro, secretaria da Federación Galega de Ciclismo lembrou a “enorme tradición ciclista do Porriño que seuguen a manter viva os clubs locais cun enorme traballo de canteira e categorías bases. A representante da Federación ponderou a colaboración co club local A.D.Avanza na organización deportiva do Campionato de Galicia que ten ó Concello do Porriño como patrocinador.

Precisamente en representación do Concello, David Alonso, concelleiro de Deportes manifestou a súa “satisfacción por contribuir desde o Concello ó apoio ó ciclismo que é emblema do noso concello”. O edil indicou que “o ciclismo ten unha longa tradición na nosa vila co traballo de clubs como o Spol e Horacio Barros; de tantos ciclistas moi recoñecibles no pelotón nacional ata chegar ó A.D. Avanza que está a realizan un fenomenal traballo de base”.

Na presentación tamén participou o ex ciclista porriñés, Abel Maceira, entrenador do A.D. Avanza onde imparte a súa experiencia. O que fora campeón de España élite de ciclo cross no ano 1997 e antes obtivera o mesmo título en categorías inferiores, mostrouse esperanzado do papel que “varios e varias ciclistas porriñeses de categorías base do noso club van realizar neste Campeonato de Galicia”.

Fonte: Concello do Porriño 


Enlace con la noticia original: Presentación do Campionato de Galicia de Ciclocrós 2019 no Porriño

Mas noticias relacionadas