Publicado por: F.G. Ciclismo
Media ducia de Campionatos de Galicia 2019, dous de estrada e catro de BTT, xa coñecen as súas sedes e datas. A primeira cita do ano con títulos autonómicos en xogo chegará o Día das Letras Galegas. A localidade coruñesa de As Pontes, baixo a organización do Vilalba-As Pontes, acollerá o venres 17 de maio a loita polas coroas contra o reloxo en estrada.
Nas dúas primeiras fins de semana de xuño o protagonismo será para o BTT. O domingo día 2 disputarase no concello pontevedrés de Lalín o Campionato de Cross Country Maratón (XCM) no que o Extol – La Gramola Team exercerá de anfitrión. Unha semana despois ese mesmo papel no sur da provincia de Pontevedra xogarao o +Enduro MTB co Campionato de Enduro en Gondomar
A finais de xullo regresarán as probas nas que se entregan os maillots de campións de Galicia. O xoves 25, día da nosa patria, os especialistas en Cross Country Olímpico (XCO) competirán no circuíto preparado polo Pulpeiros Mugardos no municipio coruñés de Ares . Esa mesma semana, o domingo 28, os títulos masters de estrada decidiranse Tui no percorrido deseñado polo Clube Ciclista De La Fuente no sur de Pontevedra.
O último destes eventos terá como escenario o concello ourensán de Xunqueira de Espadanedo. Alí, da man do Clube Ciclista Maceda, celebrarase o domingo 6 de outubro o Campionato de Descenso (DHI).
VENRES, 17 DE MAIO 2019
DOMINGO, 2 DE XUÑO 2019
CAMPIONATO DE CROSS COUNTRY MARATÓN
Concello de Lalín
DOMINGO, 9 DE XUÑO 2019
XOVES, 25 DE XULLO 2019
CAMPIONATO DE GALICIA CROSS COUNTRY OLÍMPICO
Concello de Ares
DOMINGO, 28 DE XULLO 2019
CAMPIONATO DE GALICIA FONDO EN ESTRADA MÁSTER
Concello de Tui
DOMINGO, 6 DE OUTUBRO 2019
CAMPIONATO DE GALICIA DESCENSO
Concello de Xunqueira de Espadanedo
MACEDA, C.C.
Enlace con la noticia original: Sedes e datas de seis Campionatos de Galicia