Regulación do tráfico en eventos deportivos durante o 2018

Publicado por: F.G. Ciclismo

Tema: 

As competicións ou marchas deportivas celebradas en vías e terreos de uso público aptas para a circulación de vehículos son, en xeral, eventos deportivos que pola súa propia natureza determinan a necesidade de establecer unha regulación específica de circulación, por resultar incompatibles co tráfico xeral de vehículos e peóns.

Por este motivo, os eventos deportivos están sometidos a unha autorización que a Xefatura Central de Tráfico expedirá cando a súa celebración discorra por máis dunha comunidade autónoma sempre que utilicen, en todo ou parte do percorrido, vías interurbanas ou travesías cuxa ordenación, xestión, control e vixilancia do  tráfico corresponda a este organismo autónomo.

Cando se trata de eventos deportivos que non superan o territorio dunha comunidade autónoma, será esta a encargada da súa autorización, previo informe vinculante por parte da DXT, excepto cando o desenvolvemento teña lugar integramente dentro do centro urbano dun municipio.

Debido á  multiplicidad de eventos deportivos existentes, resulta aconsellable establecer unhas instrucións específicas sobre regulación do tráfico para o desenvolvemento dos mesmos, agrupándoos en tipos que presenten características comúns a efectos de vixilancia e control e harmonicen a actuación da DXT.

Adxúntase instrución completa:


Enlace con la noticia original: Regulación do tráfico en eventos deportivos durante o 2018

Mas noticias relacionadas