Ricardo Zurita fíxose co primeiro maillot de líder da Copa Galicia Júnior en Carballo

Publicado por: F.G. Ciclismo

Modalidades: 

A segunda e última xornada da Challenge Júnior Carballo deu inicio este domingo á Copa Galicia da categoría. Ricardo Zurita (OID Cycling) superou ao local Martín Soutullo (Carballo a un Paso) no sprint dun grupo de oito corredores que se xogaron a vitoria despois de 90 quilómetros con saída e chegada na capital da comarca de Bergantiños. Ademais de acadar o primeiro maillot de líder do certame autonómico, o conxunto de Talavera de la Reina tamén se adxudicou a clasificación xeral da challenge por medio de José Andrés Díaz. 

O alto de Agualada, que se ascendía dúas veces (km 34 e 71), era a principal dificultade montañosa na proba final do evento organizado polo Club Ciclista Carballo. Zurita conseguiu na liña de meta vencer con 1 segundo de vantaxe respecto a Soutullo. Co mesmo tempo que o representante do clube anfitrión remataron Diego Pérez (Isidoro San Justo) e Javier Fernández (Arte en Transfer). A continuación, 2" máis tarde, entrou Jorge Suárez (Cidade de Lugo) na quinta posición. 

Deste xeito, resolveuse a primeira edición da Challenge Júnior Carballo que arrancara o sábado cun dobre sector. Na contrarreloxo individual (CRI) inaugural o mellor tempo entre Razo e Monteneme marcouno Pablo Gutiérrez (Isidoro San Justo) e pola tarde José Andrés Díaz triunfou en Razo na primeira carreira en liña. 

Neste 2018 a Copa Galicia Júnior consta de dúas citas puntuables máis: o Gran Premio San Roque (Viveiro) e a última xornada do Trofeo Albariño (Cambados).


Enlace con la noticia original: Ricardo Zurita fíxose co primeiro maillot de líder da Copa Galicia Júnior en Carballo

Mas noticias relacionadas