Vilalba porá o peche a tempada de competición de Btt Maratón co Campionato de Galicia

Publicado por: F.G. Ciclismo

A falta de dúas xornadas para o peche das inscricións, o Club Ciclista Vilalba As Pontes ten todo preparado para recibir este domingo un desatacado pelotón de ciclistas que disputará a Ruta Serra do Xistral, valedoira como Campionato de Galicia de Btt Maratón.

Unha semana despois de celebrarse o Campionato de Galicia de Ultramaratón, volverán verse as caras Brandán Marquez (3 Lúas Quereño) e Javier Busto ( Extol) para buscar o triunfo absoluto. Ambos defenden o título logrado o pasado ano en Lalín onde o vigués foi segundo en meta impoñéndose en categoría elite e Busto vencía gañando o título en master 30. Márquez acode reforzado a esta cita tras as boas prestacións mostradas na última proba do Open de España de ultra e Busto preséntase estreando o seu recente título de Campión de España logrado a principios de mes.

Para desbaratar os prognósticos que sitúan a estes dous bikers como favoritos confirmou a súa participación o elite Esteban Sanchez ( Extol), gañador esta tempada da serie Transgalaica, e os master 30 Rubén Atrio ( Arcadecycles) que recupera a estas alturas de campaña a súa mellor versión tras un inicio de ano marcado por unha lesión ou Manuel Casuso ( Master Galaico) e Federico Lamas ( Estralos), brillante bronce no nacional o primeiro e ambos ocupando podio na recente Lalin Bike Race.

Na categoría master 40 aínda non está confirmada a asistencia Alex Trasbach (Racing Cycling), vixente Campión e gañador da Copa Galicia de maratón esta tempada. Será interesante ver unha categoría que conta con homes destacados como Diego Alvarez e Francísco López ( MTC) ou o gañador do Open de España de ultra, Manuel Golmar ( Extol). Polo que respecta aos master 50, José Ramón Castelo (Castro Barbudo) terá que defender o seu título ante ciclistas da talla de Manuel Castro ( Barbanzabike) que tratará de poñer en Villaba a guinda a unha tempada plena de éxitos.

Polo que respecta ás mulleres, a desafortunada lesión de Lara Lois ( Extol) na Lalín Bike Race, privará ao Campionato de Galicia de maratón dunha das súas bikers de referencia. A recentemente campioa galega de ultra en master 30, Silvia Branco ( BH Master Galaico) formará nun pelotón feminino no que destacan as master 40 coa Campioa de España e vixente campioa de Galicia, Teresa Barreira ( Pillabikes) á fronte e Ana González ( Extol) e Isabel Picoaga (7 Voltas) que tratarán de poñerlle difícil rivalidar título.

O Campionato de Galicia – XII Ruta do Xistral Monseivane que organiza o Club Ciclista As Pontes Vilalba e terá a súa saída e chegada nas instalacións do Estadio Municipal do parque da Madalena na praia fluvial villalbesa o domingo 23 as 09:30 horas .

Os organizadores presentaron a proba o pasado martes nun acto que contou coa presenza do alcalde, Agustín Baamonde e o Concelleiro de deportes, Julio Vázquez, ademáis de Juan Carlos Muñiz (Presidente da FGC) e Marcos Fernández (Club Vilalba as Pontes). No acto sinalaron a sua confíanza en contar unha participación que supere os 150 corredores para celebrar este final de tempada. Os ciclistas afrontarán un percorrido de 80 quilómetros que contempla zonas técnicas, subidas pero tamén ou bo número de carreiros rodadores en pleno corazón chairego. Un dos aspectos destacados nesta edición é a recuperación do ascenso á cota de Monseivane, un alto de 900 metros de altitude en plena serra do Xistral que achega ao global da proba un desnivel positivo de 2250 metros e que se atopa no ecuador da proba.

As inscricións ainda se poden realizar na empresa de cronometraxe champion chip norte.

Foto: De esquerda a dereita: Juan Carlos Muñiz (Presidente da FGC), Agustín Baamondez (Alcalde de Vilalba), Marcos Fernández (Club Vilalba As Pontes) e Julio Vázquez (Concelleiro de deportes de Vilalba)


Enlace con la noticia original: Vilalba porá o peche a tempada de competición de Btt Maratón co Campionato de Galicia

Mas noticias relacionadas