A Copa de España Elite e Sub23 de estrada rematará en Padrón no 2020

Publicado por: F.G. Ciclismo

Modalidades: 

A 58ª Clásica de Pascua porá o punto final á Copa de España Elite e Sub23 o vindeiro 10 de maio. A proba organizada polo Club Ciclista Padronés é unha das dúas novidades que presenta o certame estatal para o 2020. 

A Comisión Delegada da Real Federación Española de Ciclismo (RFEC) aprobou na súa última reunión o calendario 2020 da Copa de España de Estrada de Mulleres, Júnior, Máster e Elite-Sub23, así como a concesión do Campionato de España Escolar, que se celebrará en Cantabria do 3 ao 5 de xullo.

Unha das principais novidades xurdidas da aprobación destes calendarios é o incremento de nove a once citas da Copa de España Elite-Sub23, que engadirá a próxima tempada a IX Copa Valladolid – Memorial Ángel Lozano e a 58ª Clásica de Pascua ao seu programa de probas. O certame estatal arrancará o 1 de marzo en Don Benito (Extremadura), coa celebración do Circuito del Guadiana. 

Máis información 


Enlace con la noticia original: A Copa de España Elite e Sub23 de estrada rematará en Padrón no 2020

Mas noticias relacionadas