Santiago acolle a I Xornada sobre as políticas deportivas galegas

Publicado por: F.G. Ciclismo

Tema: 

 O venres 23 de novembro, a Unión de Federacións Deportivas Galegas, UFEDEGA, organiza na Escola Galega de Administración Pública, EGAP, a I Xornada sobre as Políticas Deportivas Galegas, ás 18:00 h.

A apertura do acto estará presidado por Isidoro Hornillos, Presidente da UFEDEGA e contará coa asistencia de todos os Grupos: PP, PSdG, BNG, En Marea e Ciudadanos. Cada representante dispora de 20 minutos para expoñer as políticas deportivas de cada grupo, e unha vez finalizada a intervención de todos os partidos abrirase un debate entre os asistentes. O PP estará representado pola Secretaria Xeral para ou Deporte Marta Míguez, o PSdG por Enrique Vázquez, o BNG Luís Bará, e Cidadáns por Jacobo Vázquez. Ao acto tamén confirmaron a súa asistencia: Noa Díaz (Secretaria de Cultura PSdG), Laureano Bermejo e María Vilas (Cidadáns)

Ao acto están convidados todos os axentes que compoñen o deporte galego: Federacións, clubs, adestradores, deportistas, xuíces/ árbitros, así como afeccionados e medios de comunicación. A xornada causou expectativas entre o sector federado polo momento o que se produce, en pleno debate dos orzamentos para o Deporte Galego de 2019, e o preámbulo de campaña electoral dos concellos galegos.

PROGRAMA

18:00 Inauguración da xornada

18:00 Sorteo intervención Grupos Políticos

19:20 Debate

20:30 Rogos e preguntas

21:00 Clausura Xornada


Enlace con la noticia original: Santiago acolle a I Xornada sobre as políticas deportivas galegas

Mas noticias relacionadas