Sedes e datas de sete Campionatos de Galicia

Publicado por: F.G. Ciclismo

Sete Campionatos de Galicia 2019, tres de estrada e catro de BTT, xa coñecen as súas sedes e datas. A primeira cita do ano con títulos autonómicos en xogo chegará o Día das Letras Galegas. A localidade coruñesa de As Pontes, baixo a organización do Vilalba-As Pontes,  acollerá o venres 17 de maio a loita polas coroas contra o reloxo en estrada. Dous días máis tarde, o domingo 19, os elite e sub23 volverán medir forzas no Campionato de Fondo en Estrada que se disputará no habitual trazado por terras ourensás da Volta O Ribeiro

Nas dúas primeiras fins de semana de xuño o protagonismo será para o BTT. O domingo día 2 terá lugar no concello pontevedrés de Lalín o Campionato de Cross Country Maratón (XCM) no que o Extol – La Gramola Team exercerá de anfitrión. Unha semana despois ese mesmo papel no sur da provincia de Pontevedra xogarao o +Enduro MTB co Campionato de Enduro en Gondomar 

A finais de xullo regresarán as probas nas que se entregan os maillots de campións de Galicia. O xoves 25, día da nosa patria, os especialistas en Cross Country Olímpico (XCO) competirán no circuíto preparado polo Pulpeiros Mugardos no municipio coruñés de Ares . Esa mesma semana, o domingo 28, os títulos masters de estrada decidiranse Tui no percorrido deseñado polo Clube Ciclista De La Fuente no sur de Pontevedra. 

O último destes eventos terá como escenario o concello ourensán de Xunqueira de Espadanedo. Alí, da man do Clube Ciclista Maceda, celebrarase o domingo 6 de outubro o Campionato de Descenso (DHI).

 

 

VENRES, 17 DE MAIO 2019

CAMPIONATO DE GALICIA CRI 

Concello de As Pontes

VILALBA-AS PONTES, C.C. 

 

DOMINGO, 19 DE MAIO 2019

CAMPIONATO DE GALICIA FONDO EN ESTRADA (Elite e Sub23)

Barbantes (Concello de Cenlle)

Volta O Ribeiro 

Ourense Provincia Termal

 

DOMINGO, 2 DE XUÑO 2019

CAMPIONATO DE CROSS COUNTRY MARATÓN

Concello de Lalín

EXTOL-LA GRAMOLA TEAM, C.D.  

 

DOMINGO, 9 DE XUÑO 2019

CAMPIONATO DE GALICIA ENDURO

Concello de Gondomar

 

 XOVES, 25 DE XULLO 2019

CAMPIONATO DE GALICIA CROSS COUNTRY OLÍMPICO 

Concello de Ares

 

DOMINGO, 28 DE XULLO 2019

CAMPIONATO DE GALICIA FONDO EN ESTRADA MÁSTER

Concello de Tui 

DE LA FUENTE, C.C.

 

DOMINGO, 6 DE OUTUBRO 2019

CAMPIONATO DE GALICIA DESCENSO

Concello de Xunqueira de Espadanedo

MACEDA, C.C.


Enlace con la noticia original: Sedes e datas de sete Campionatos de Galicia

Mas noticias relacionadas