Tony Pérez alcanza o liderado máster-40 do Open de España de Enduro en Teror

Publicado por: F.G. Ciclismo

Na cuarta e penúltima cita puntuable para o Open de España de Enduro a representación galega limitouse á categoría máster-40. A longa viaxe ata Canarias tivo premio para Tony Pérez (Condado Bike), que co segundo posto asinado no VII Enduro Villa de Teror situouse líder do ranking. 

O máis rápido entre os máster-40 nos seis treitos cronometrados foi José Mario Rodríguez (Tamadaba). Venceu cun rexistro de 18:50, rebaixando en 7 segundos o de Pérez. Os dous seguintes clasificados tamén foron galegos. Esteban Lorenzo (Bici Verde) acadou a terceira praza do podio e cuarto finalizou o seu compañeiro de equipo Rubén Pazos. A presenza autonómica no Top-10 completouna Raúl Castro (Barbanzabike), ocupando a novena posición. 

Grazas aos 155 puntos sumados en territorio canario Pérez acumula 635 na xeral, o que lle outorga unha vantaxe de 130 respecto ao anterior líder Enrique Santonja (Alcoy). Con 459 mantense terceiro Vila, mentres que Pazos ascende dous postos para ubicarse cuarto con 332. Sexto aparece Castro, tras subir seis posicións, con 252 puntos. 

O Open de España de Enduro descansa durante o verán e regresará o 29 de setembro en Arrasate-Mondragón (Guipúzcoa) co seu último evento.

Máis información


Enlace con la noticia original: Tony Pérez alcanza o liderado máster-40 do Open de España de Enduro en Teror

Mas noticias relacionadas