Veloso atrapa o amarelo na terceira xornada da Volta a Portugal

Publicado por: F.G. Ciclismo

Modalidades: 

No primeiro final en subida da 81ª Volta a Portugal o vilagarcián Gustavo César Veloso vestiuse de amarelo. Terceiro no alto de 4ª categoría de Loures, o capitán do W52-F.C. Porto fíxose co maillot de líder que lucía o seu compañeiro de equipo Samuel Caldeira. Outro galego, Alejandro Marque (Sporting Tavira), rematou noveno e na xeral ascende ata a sexta posición.

Os 198,5 quilómetros da terceira xornada, a máis longa desta rolda, resolvéronse nun explosivo final. Miker Aristi (Murias), gañador de etapa na Volta á Provincia da Coruña 2015, venceu con 1 segundo de vantaxe sobre Luís Mendonça (Radio Popular) e superando en 3" a un grupo de sete unidades que encabezou Veloso e pechou Marque. 

O gañador da Grandíssima no 2014 e 2015 levaba dende o prólogo inicial ocupando a terceira praza na xeral, igualado a segundos con Caldeira e con Gian Frieseck (Swiss Racing Academy). Agora, Veloso lidera con 3" de marxe sobre Aristi e con 7" respecto a Joni Brandão (Efapel). O estradense Marque aparece na sexta praza, a 11". O terceiro galego nesta volta, o debutante Cristian Mota (Miranda-Mortagua), ocupa o 108º posto. 

A terceira etapa, a deste sábado, prevese quente. Agárdanse temperaturas entre os 30 e os 40 graos no percorrido de 194,1 km entre Santarém e Castelo Branco. O perfil chairo convida a pensar nun desenlace ao esprint. 

Clasificación

Foto: João Fonseca


Enlace con la noticia original: Veloso atrapa o amarelo na terceira xornada da Volta a Portugal

Mas noticias relacionadas