Veloso paga a súa caíde e cede o amarelo na Serra do Larouco

Publicado por: F.G. Ciclismo

Modalidades: 

O día despois de irse ao chan dentro do último quilómetro, Gustavo César Veloso perdeu este xoves o liderado na sétima etapa da Volta a Portugal. Mermado físicamente, o vilagarcián do W52-FC Porto non puido respostar ao ataque de Joni Brandão (Efapel) no treito final da subida á Serra do Larouco. O galego cae á terceira praza da xeral, a 15 segundo do novo xersei amarelo.

Os 156 km con saída en Bragança presentaban un porto de 2ª categoría e outro de 1ª antes da ascensión final, tamén de 1ª, a Montalegre. Un grupo de 12 escapados xogouse o triunfo parcial, que foi para Luis Gomes (Radio Popular Boavista), mentres no pelotón os homes máis fortes da carreira ensinaron as súas cartas dentro dos últimos 2 km. 

A roda de Brandão non a puido seguir ninguén e o ciclista do Efapel cruzou a liña de meta con 11" de vantaxe sobre João Rodrigues (W52-FC Porto) e con 40" respecto a Veloso. Ao de Bamio pasoulle factura o accidente sufrido 24 horas e non amosou o golpe de pedal das anteriores xornadas.

Na xeral, Brandão ocupa agora a primeira posición con tan so 1" de marxe en relación a Rodriguez e o terceiro posto correspóndelle a Veloso. Con tres xornadas por diante, unha delas contra o reloxo, todo está por decidir.

Este venres, na véspera da que se pode considerar etapa raíña con final no Alto da Senhora da Graça, a carreira voltará a rodar preto da fronteira con Galicia. Serán 158 kilómetros con inicio en Viana do Castelo e chegada no porto de 3ª categoría de Santa Quitéria.

 

Clasificación 

Foto © João Fonseca fotógrafo


Enlace con la noticia original: Veloso paga a súa caíde e cede o amarelo na Serra do Larouco

Mas noticias relacionadas