A Secretaría Xeral para o Deporte publicou a lista dos galardoados cos Premios Deporte Galego do ano 2017 que nesta edición recoñecen a 17 premiados en 17 categorías
A Secretaría Xeral para o Deporte vén de publicar a lista dos galardoados cos Premios Deporte Galego do ano 2017 que se entregarán o vindeiro día 14 de maio no Auditorio da Sede Afundación de Pontevedra. Estes galardóns recoñecen os méritos deportivos do ano 2017, e distinguen este ano 17 categorías.
Lista de premiados:
-Mellor deportista feminina: María Pérez Araújo (baloncesto)
-Mellor deportista feminina con discapacidade: Susana Rodríguez Gacio (triatlón)
-Mellor deportista masculino: Lucas Vázquez Iglesias (fútbol)
-Mellor deportista masculino con discapacidade: Alejandro Vidal Álvarez (taekwondo)
-Mellor equipo feminino: Mecalia Atlético Guardés (balonmán)
-Mellor equipo masculino: Real Club Celta de Vigo (fútbol)
-Mellor equipo de deportistas con discapacidade: Club Baloncesto Amfiv (baloncesto en cadeira de rodas)
-Mellor entidade na promoción do deporte de base: Club Voleibol Emevé (voleibol)
-Mellor adestrador ou adestradora: Carlos David Prieto López (tríatlon)
-Mellor árbitro/a ou xuíz/a: Carlos Cortés Rey (baloncesto)
-Mellor labor informativo: DXT Campeón
-Mellor evento deportivo: Trial das Nacións – Campionato do Mundo de Trial (motocilismo)
-Mellor patrocinio deportivo: Leite Río
-Mellor deportista revelación: Paula Ginzo (baloncesto)
-Premio Galicia Saudable á entidade de carácter público destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa: Concello de Cangas
-Premio Galicia Saudable á entidade de carácter privado destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa: CAPSA – Larsa
-Premio Galicia Saudable á entidade educativa destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa: CEIP Barrié de la Maza de Santa Comba (A Coruña)