Base fútbol 8 Fin de semana 17 – 18 de Novembro

Publicado por: U.D. Ourense

Pleno de victorias nos partidos de fútbol 8 disputados polos máis miúdos de #anosabase

Celanova – Alevín A

Victoria nun encontro moi disputado e igualado con moita alternancia no xogo. Os nosos competiron moi ben.

Barbadás – Alevín B

Victoria nun partido no que os nosos estiveron moi serios en defensa e atinados en ataque, con unha moi boa actitude dende o minuto 1..

Alevín C – Ribadavia Atl.

Victoria nun partido dominado en todo momento polo noso alevín. Gran traballo de todo o equipo que axudou a conquerir a primeira victoria na casa.

Celanova – Benxamín A

Victoria nun encontro igualado que se decantou para os nosos na segunda metade. Foi un toma e daca constante con ocasións para os dous equipos.

Santa Teresita – Benxamín B

Victoria dos nosos nun partido no que dende o comezo estiveron por diante. Ao tempo de lecer chegouse cun marcador axustado. Na segunda metade, de novo, dominio visitante.

Prebenxamín A

Descansou esta xornada.

Prebenxamín B

Descansou esta xornada.





La entrada Base fútbol 8 Fin de semana 17 – 18 de Novembro se publicó primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: Base fútbol 8 Fin de semana 17 – 18 de Novembro

Mas noticias relacionadas