Publicado por: U.D. Ourense
A UD Ourense visita o Beluso mañá sábado a partir das 16:30 horas. Os vermellos buscan a vitoria tras 3 xornadas sen sumar os 3 puntos. Necesidade de vitoria dos ourensanistas para voltar a engancharse os postos de ascenso directo.
Volta o rodo para o conxunto unionistas, nunha saída compricada o campo compricado coma As Laxes. O equipo que adestra Fernando Currás precisa dunha vitoria que os asente nos postos de playoff e lles permita recurtar diferencias cos equipos que nestes momentos ocupan postos de descenso, o Estradense e o Bande. Os ourensás, tras 3 xornadas nas que so sumaron 2 puntos de 9 posibles, perderon a súa posición privilexiada, que agora pretenden recuperar, aínda que os vermellos atópanse a 6 puntos dos da Estrada e a 4 dos branquivioletas.
Tempo de necesidades para un equipo que prosegue recuperando efectivos. O último será Omar, que tras varios meses no dique seco, podería voltar a ser da partida no XI inicial de Fernando Currás. O técnico de Esgos regresará o banquillo tras cumplir o seu partido de sanción tras a expulsión fronte o Caselas. Tamén o fará Nacho Currás, que se perdeu tamén o último encontro.
No capítulo de baixas, Alfredo prosegue ca súa recuperación e non será da partida. Tampouco Carlos, expulsado o pasado domingo fronte o Porriño. O XI podería estar confeccionado por Pato baixo paus, línea defensiva para Josu, Vieytes, Corzo e Codeso. Na medular o tridente parece fixo con Germán, Luis e Durán. Joni actuará nunha banda, Unai na outra e a punta de ataque será para Hugo.
O rival será o Beluso, equipo debutante na categoría e que ocupa unha meritoria e tranquila 9 praza con 31 puntos, sendo o primeiro equipo tralos 8 que pelexan polo ascenso, situado a 10 puntos do Porriño, que pecha o grupo de cabeza. Os de Bueu acumulan 3 vitorias e 2 derrotas nos seus últimos compromisos ligueiros.
O equipo adestrado por Rial recibe o Ourense nun bo momento e na súa casa, onde acumulan 6 triunfos, 2 empates e 4 derrotas. Destacan no plantel xogadores como Andrés Estévez con 8 goles, Ignacio Soage con 6, Ricardo Pazos con 5 ou Dani Pérez e Julio Lorenzo con 4.
No encontro de ida, impuxéronse os vermellos por 2-1, nunha contenda moi desputada e na que non houbo un claro dominador. Agárdase un rival valente en ataque e con moito perigo a balón parado. Cita importante para o ourensanismo na tarde de sábado de Entroido.
La entrada CD Beluso – UD Ourense: Na procura de 3 puntos vitais aparece primero en Unión Deportiva Ourense.
Enlace con la noticia original: CD Beluso – UD Ourense: Na procura de 3 puntos vitais