Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria

Publicado por: U.D. Ourense

Por acordo da Xunta Directiva da Unión Deportiva Ourense convócase para o dia 21 de xullo de 2020, ás 19:30 horas en primeira convocatoria e ás 20:00 horas en segunda no Auditorio Municipal da cidade de Ourense na rúa da Canle, 2, Asemblea Xeral Ordinaria de socios co seguinte

ORDE DO DÍA

  1. Reflexión última sobre a proposta do Concello para a creación dun único club na cidade e valoración da relación institucional coa corporación municipal.
  2. Incorporación de novos membros á Xunta Directiva.
  3. Estado de execución do presuposto da tempada 2019/2020.
  4. Aprobación do presuposto da tempada 2020/2021.
  5. Rolda libre de intervencións.

INSTRUCIÓNS PARA ACCEDER AO AUDITORIO:
Debido ás medidas de prevención esixidas polas autoridades derivadas da crise sanitaria provocada pola Covid-19 as persoas asistentes a asemblea deberán:I

  1. Ir provistos de máscara.
  2. Facer uso dos xeles hidroalcohólicos que se subministrarán na entrada do recinto.
  3. Manter a distancia de seguridade. Para dar cumprimento a esta medida os asistentes deberán ocupar unicamente os asentos habilitados. Recoméndase acudir a reunión con antelación suficiente para evitar aglomeracións.

Lembrar que os socios poden enviar propostas para ser debatidas e sometidas a votación na Asemblea. Ditas propostas deberán presentarse como mínimo con cinco días naturais de antelación á celebración da Asemblea e serán enviadas ao correo electrónico uniondeportivaourense@gmail.com.
Así mesmo lembrar que poden acudir a Asemblea con voz e voto os socios maiores de 16 anos que estén ao corrente de pago da cota social, debendo presentar o Documento Nacional de Identidade (DNI) para poder acceder á dita Asemblea. Por último, recordar que un socio pode representar a outro presentando escrito de autorización e copia do DNI do representado.

La entrada Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria se publicó primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria

Mas noticias relacionadas