Empate sobre a bocina do Cadete "B"

Publicado por: Pabellon C.F.

Os pabellonistas non estiveron a bo nivel diante dun rival que durante moitos minutos tivo o control do partido e as ocasións de gol. Nos primeiros minutos un roubo de balón nas proximadades do área acabaría en gol para os de Nigrán. Pouco antes da media hora de xogo Mauro anotaría o tanto do empate co que se chegaría ao descanso.

Na reanudación o Val Miñor estivo mellor levando moito perigo á meta local ata que aos vinte e cinco minutos o Val Miñor volvería a tomar vantaxe colocando o 1-2. Transcurrían os minutos e os pabellonistas apenas conseguían crear ocasións de gol ata que co tempo case cumprido un potente disparo de Mauro permitiu o empate para sumar un punto. Ver ficha técnica.

Nestes intres os seis descensos, tres directos e outros tres por arrastre, deixan aos nosos a tres puntos da zona fatídica. Ver clasificaciòn.


Enlace con la noticia original: Empate sobre a bocina do Cadete "B"

Mas noticias relacionadas