Entrevista a Víctor, segundo adestrador do Infantil B

Publicado por: U.D. Ourense

  • Cómo primeira pregunta, gustaríame que resumiras un pouco cómo foi a evolución do voso Infantil B ao largo da tempada.

Tanto Ramón coma min estamos moi contentos con todos os rapaces, intentamos que cada día sexan mellores persoas, e dende un punto de vista deportivo, que o máximo de menos posibles poidan xogar o ano que ven nunha categoría superior se todo vai ben.

  • Aparte de estar no corpo técnico de este equipo tamén estás estudando en A Coruña. Cómo logras compaxinar as dúas cousas?

Non é sinxelo, sobre todo dende a óptica do club, que ainda que tento estar o máis conectado co equipo e co club, non é o mesmo que estar presencialmente todo o ano no campo, e da miña familia, que fai un desembolso ecónomico que non terían porque facelo, así que en boa medida, é posible gracias ás dúas partes.

  • Cales son os teus obxectivos como adestador? Prefires fútbol base ou fútbol senior?

Como adestrador de base, penso que non existe nada máis bonito que ver aos xogadores medrar e mellorar cada día, crear un bo ambiente e competir da mellor maneira cada fin de semana.

Ainda non teño experiencia no fútbol senior, pero o fútbol base creo que é unha experiencia imprescindible para a formación de todo adestrador, e probablemente un mundo menos rexido polas esixencias da competición do fútbol senior, que en moitas ocasión leva a este deporte á súa parte máis escura.

  • Que rol che gusta máis? Xa que estás estudando INEF, o de preparador físico ou o de adestrador? En cal te ves nun futuro e en cal te sintes máis cómodo?

Agora mesmo síntome moi a gusto sendo o axudante de Ramón, aprendendo todo o que podo dunha persoa que estivo no fútbol profesional.

Gústame máis a parte de adestrador que a de preparación física, pero estoume intentando formar en varios aspectos o máximo que poida, posto que non futuro gustaríame vivir do fútbol, e sabendo o complicado que é, non nos podemos pechar máis portas.

  • Cales son as túas metas no fútbol?

Tentar chegar o máis lonxe posible, e si non se pode, ser feliz no lugar onde estés.

  • Que opinión tes da situación social que está atravesando o noso país?

Estamos nunha situación moi complicada, onde o fútbol debe quedar nun terceiro o cuarto plano. Só espero que todo esto pase o antes posible e que volvamos á normalidade, sin esquecernos de todo o dano que o virus está a facer en tantas familias, para que esto non se volva a repetir de esta maneira.

  • Como estás levando o confinamento e que fas durante o día?

Intento facer as tarefas diarias o antes posible para non acomodarme, asistir ás clases online e non perder o ritmo académico. Pola tarde, adico un tempo de ocio e por suposto para facer deporte, algo que non se debe perder.

  • Que consello lle darías aos xogadores do teu equipo para afrontar estas semanas na súa casa?

O primeiro, desexo que estén ben e mandarlles unha boa aperta e ánimos, como xa saben cando falo con eles. Logo, que axuden á familia nas tarefas da casa e que fagan unha horiña de exercicio físico cada día e se teñen balón ou espazo, que non perdan contacto co balón, que é o noso mellor amigo.

La entrada Entrevista a Víctor, segundo adestrador do Infantil B se publicó primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: Entrevista a Víctor, segundo adestrador do Infantil B

Mas noticias relacionadas