Gabi Sanín: «Vai ser unha tempada moi emocionante»

Publicado por: U.D. Ourense

Gabi Sanín (Vedra, 1995), vestirá un ano máis a elástica vermella co obxectivo de seguir crecendo no club e que este proxecto ilusionante vaia arriba.

  • Que esperas da tempada?

O máis importante é que todos poidamos volver a desfrutar do fútbol con normalidade despois duns meses moi complicados. A maiores, gustaríame seguir crecendo no club e que este proxecto ilusionante vaia arriba.

  • Por qué decidiches renovar?

Estou moi a gusto na cidade. Gústame facer vida aquí e, ademais, no deportivo resúltame moi estimulante ver ata onde podemos levar un equipo coma este.

  • Que lle dirías á afección?

Que teñan paciencia porque pronto imos poder estar todos xuntos no Couto e que se preparen porque vai ser unha tempada moi emocionante.

La entrada Gabi Sanín: «Vai ser unha tempada moi emocionante» se publicó primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: Gabi Sanín: «Vai ser unha tempada moi emocionante»

Mas noticias relacionadas