Isi: «Gústanme os valores e o modelo deste club»

Publicado por: U.D. Ourense

Ismael Quevedo Rieiro (Ourense, 1995), seguirá unha tempada máis no club ourensanista do que lle gustan os valores e o modelo. O xogador agarda unha tempada ilusionante na que pide á afección que siga sendo igual de incondicional.

  • Que esperas da tempada?

Espero que sexa unha tempada ilusionante e cumprir os obxetivos propostos xa que todos estamos con moitas ganas de que empece a competición despois de este longo parón.

  • Por qué decidiches renovar?

Decidín renovar porque me gustan os valores e o modelo de club que representamos para a cidade.

  • Que lle dirías á afección?

Á afección diríalle que se siga mostrando tan incondicional como ata agora, xa que é unha das bases e dos alicerces do club ademais de algo que nos caracteriza e diferencia dos demais clubs da competición.

La entrada Isi: «Gústanme os valores e o modelo deste club» se publicó primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: Isi: «Gústanme os valores e o modelo deste club»

Mas noticias relacionadas