Monterrei CF – UD Ourense: Turno para a Copa

Publicado por: U.D. Ourense

A UD Ourense desputa o partido de ida de cuartos de final da Copa Deputación en Rozavales (17:00 horas) diante do Monterrei. Currás fará rotacións tralo encontro do pasado venres fronte O Grove. 

48 horas despois de empatar en Monte da Vila e sumar 1 punto máis na táboa clasificatoria da Liga, que deixa os vermellos a 1 punto do ascenso e en terceira posición, chega o turno para o partido copeiro da ida dos cuartos de final da Copa Deputación. Oportunidade para os vermellos de meterse por primeira vez nas semifinales da categoría Preferente-Primeira Autonómica. Gañar o título é outro dos obxetivos da escadra ourensá.

Os cuartos de final arrancan en Rozavales, visitando o Monterrei no seu campo. O partido, que estaba previsto para o pasado venres, aplazouse a hoxe domingo por mor da desputa do aprazado fronte O Grove. Os locais contan ca vantaxe de chegar máis descansados que o seu rival a esta cita, tras ter unha semana de parón e tratarán de facer un bo papel diante da súa afección para chegar cun resultado positivo a O Couto.

Os vermellos afrontan a cita ca intención de reencontrarse ca vitoria neste envite, despois de ver freada a súa racha triunfal cun empate. Currás apostará polas rotacións para dar descanso a xogadores con moitos minutos na súa conta particular. O técnico ten a dubida de Samuel, que está con molestias e podería optar con Pato unha vez máis na porta. Na zaga haberá cambios con respecto o encontro do Grove e poderían descansar homes coma Codeso, Josu ou Corzo, tendo oportunidade Xurxo ou Julio Martínez.

Coas rotacións os menos habituais terán opción de reivindicarse nun encontro clave para o devir copeiro e ca intención de recargar pilas neste encontro para afrontar a trascendental cita do próximo domingo en O Couto fronte o Bande.

La entrada Monterrei CF – UD Ourense: Turno para a Copa se publicó primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: Monterrei CF – UD Ourense: Turno para a Copa

Mas noticias relacionadas