O Infantil "A" encarrilou o partido na primeira metade

Publicado por: Pabellon C.F.

Vitoria holgada do Pabellón CF no Play Off da Liga Galega Infantil contra o Ural da Coruña (4-1) nunha cita que encarrilaría na primeira metade (3-0). Na segunda parte os visitantes chegarían a recortar distancias pero os branquiverdes responderon co cuarto tanto sen dar opción a que os herculinos reaccionasen. Raúl (4) e Amills foron os goleadores do conxunto que adestra José Dopazo.


Enlace con la noticia original: O Infantil "A" encarrilou o partido na primeira metade

Mas noticias relacionadas