Lois reforzou no Maratón Templario o seu liderado no Open de España de XCM

Publicado por: F.G. Ciclismo

Lara Lois (Extol – La Gramola Team) impúxose este domingo na segunda proba do Open de España de XCM (Cross Country Maratón), o VII Maratón Templario de Jerez de los Caballeros (Badajoz), que contou coa participación de máis de 300 corredores. 

A carreira, que percorreu a dehesa da comarca e pasou polos municipios de Valuengo e Fregenal de la Sierra, concluíu na Fortaleza Templaria de Jerez, despois de que os participantes tivesen que facer fronte a 83 quilómetros e 2.000 metros de desnivel positivo acumulado.

 A grovense Lois volveu demostrar o seu excelente estado de forma sendo a máis forte na carreira elite feminina, anotándose así a súa segunda vitoria no Open de España e afianzando a súa posición de líder da xeral. A galega avantaxou en cinco minutos a súa máis inmediata perseguidora, Agneta Francke. Terceira en categoría elite sería Desirée Moya, aínda que o terceiro mellor tempo xeral marcaríao a máster 40 Sarah Gosden, a mellor tamén da súa categoría.

Na competición masculina, o representante galego máis destacado foi Fernando Guerra (Extol – La Gramola Team), quen rematou quinto entre os masters-30. 

A terceira cita puntuable deste Open de España disputarase o 24 de marzo en Cambrils (Tarragona).

 

Máis información


Enlace con la noticia original: Lois reforzou no Maratón Templario o seu liderado no Open de España de XCM

Mas noticias relacionadas