Pablo Corzo: «Espero unha tempada complexa e moi competida»

Publicado por: U.D. Ourense

Pablo Álvarez Fernández, (Nogueira de Ramuín, 1991), vestirá unha tempada máis a camiseta vermella. O central espera unha tempada complexa na que considera fundamental a conexión equipo-afección.

  • Que esperas da tempada?

Espero primeiro, que se poida xogar sin problemas dada a situación na que nos atopamos e segundo, espero unha tempada complexa e moi competida como sempre é a terceira división.

  • Por qué decidiches renovar?

Varias foron as razóns, digamos que se trata dunha aposta recíproca entre o club e eu.

  • Que lle dirías á afección?

Pois agradecerlle o apoio constante e que sigan animándonos e estando o pé do canón como sempre. A conexión equipo – afección é moi importante para nós e sentir ese apoio, máis ainda nesta situación, paréceme fundamental.

La entrada Pablo Corzo: «Espero unha tempada complexa e moi competida» se publicó primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: Pablo Corzo: «Espero unha tempada complexa e moi competida»

Mas noticias relacionadas