Paso importante do Promesas cadete

Publicado por: Pabellon C.F.

Con dous goles na primeira metade anotados por Gabriel e Ana Toubes os de Enrique Silva sumaron os tres puntos contra un rival moi correoso que acabaría con nove home no campo despois de sufrir dúas expulsións no tramo final do partido. A maiores do triunfo os pabellonistas conseguiron facerse co golaverage particular xa que no Monte da Aira tamén venceran na primeira volta. Ver ficha técnica.

Lamentar a lesión de Christian Gallego nos nosos, que sufriu unha fractura de húmero. Dende aquí darlle moito ánimo e desexarlle unha pronta recuperaciòn.

Os nosos seguen ocupando a primeira praza do grupo con dous puntos de vantaxe sobre o Barbadás «B» cando a ambos lles restan dous partidos para rematar esta primeira fase por liguilla. Ver clasificación.


Enlace con la noticia original: Paso importante do Promesas cadete

Mas noticias relacionadas