UD Ourense 3-1 SD Torre: Segundo triunfo consecutivo e permanencia

Publicado por: U.D. Ourense

A UD Ourense feminina suma 3 puntos que lle permiten acadar a permanencia en Primeira Feminina a falta de 5 xornadas para o final da competición. As vermellas superaron con contundencia o Torre gracias os tantos de Emma por partida dobre e Cris de penalti.

O conxunto que adestra Rubén García confirmou a súa presenza unha tempada máis na máxima categoría do fútbol galego feminino. As vermellas, tras unha tempada negra no apartado das lesiós, marchan séptimas na táboa con 15 puntos por desputarse e todo fai inidicar que ese será o posto final o remate da competición. Un ano de caras novas, de paso a xuventude e de moitos descubrementos, que permitiu as nosas seguir crecendo futbolísticamente.

Centrándonos no encontro, o Ourense foi claro dominador, cun partido no que un gran inicio decantou o devir do encontro. As visitantes reaccionaron no segundo acto, pero xa non foron quenes de meterse novamente no partido, aínda que dispuxeron de algunha boa ocasión.

Adiantáronse as nosas no minuto 14, grazas a un tanto de Emma. A dianteira vermella sácabase un latigazo dende fora da área, que sorprendía a gardamallas visitante e que adiantaba as nosas no marcador. 6 minutos depois, a propia Emma facía o segundo o roubar un coiro, regatear a unha defensa e batir a cancerbeira no man a man.

No 24 chegaría o terceiro tanto das unionistas cun penalti transformado por Cris e cometido sobre Laura. Con 3-0, a intensidade decaeu ata o descanso e tan só se produciron algunhas chegadas de perigo na área visitante, con Laura e Emma asociándose moi ben.

Na segunda metade, o Torre saiu o campo máis atrevido e comezou a cercar a meta de Noe. Sara metías as coruñesas no encontro no 59 e puido anotar o segundo nunha falta lateral que se envenenou, pero Noe evitaba o tanto desviando o coiro a saque de curruncho. Noa dispuxo dunha gran oportunidade antes do final, tras unha gran xogada de Dana, pero non foi quen de decidir.

Con este triunfo, o segundo consecutivo, as vermellas suman 37 puntos a 6 do seu antecesor e con 6 de vantaxe sobre o seu perseguidor. Con 15 puntod por xogarse e 15 de vantaxe sobre o descenso directo, a permanencia xa é unha realidade.

La entrada UD Ourense 3-1 SD Torre: Segundo triunfo consecutivo e permanencia se publicó primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: UD Ourense 3-1 SD Torre: Segundo triunfo consecutivo e permanencia

Mas noticias relacionadas