Publicado por: U.D. Ourense
A UD Ourense fai oficial a fichaxe de Adrián Presas, que chega libre tras rescindir contrato co Ourense CF. O xogador xa se exercitou as órdenes de Currás na sesión de adestramento do martes.
NMova fichaxe, novo xogador nado en Ourense que asina polo clube e novo xogador que chega a Unión Deportiva Ourense con pasado no Clube Deportivo Ourense. A entidade da cidade de As Burgas anunciaba na tarde de onte a contratación de Adrián Presas, quen horas antes rescindira o seu contrato co Ourense CF, onde desputou varios encontros co conxunto de Terceira, sendo titular en 7 deles e participando en case 800 minutos de xogo.
Trátase dun xogador da medular, que actúa como medipaunta, pero que tamén pode xogar coma extremo. Trátase dun futbolista zurdo de moita proxección e que os seus 20 anos xa destacou notoriamente nas categorías base, o que lle permitiu dar o salto a Terceira División. O xogador chega ca vitola de ter formado parte da base de Clube Deportivo Ourense, o igual que un alto porcentaxe do plantel, o que reforza a nosa idea e o noso eslogan para esta tempada #OsNososAlicerces.
O futbolista ourensán xa se exercitou as órdenes de Fernando Currás e podería entrar na convocatoria de cara o partido do domingo contra o Campo Lameiro. Con esta fichaxe, a terceira dende a época de Nadal, o clube da por cerrado o capítulo de altas ca chegada de Xoel, Vieytes e o propio Presas.
La entrada Presas reforza as filas ourensanistas aparece primero en Unión Deportiva Ourense.
Enlace con la noticia original: Presas reforza as filas ourensanistas