Publicado por: U.D. Ourense
Xornada importante para a nosa canteira, na que os nosos equipos desputarán interesantes encontros diante de rivais compricados na procura dos seus obxetivos nesta tempada, que encara nalgúns casos o tramo final e que resultará decisiva para o posible ascenso de varios equipos do Ourense.
O xuvenil de Agustín afronta un partido trascendental nas súas aspiracións por conquistar o título de Liga. Os vermellos reciben na casa o líder, o Pabellón “C”, que ven de gañar todos os seus encontros desputados. En 5 xornadas que van de competición no playoff polo título, os nosos venceron 4 partidos e empataron o último fronte o Chantada. En caso de victoria, o Ourense situaríase líder.
O cadete busca unha vitoria a domicilio que os achegue os postos de permanencia. O conxunto adestrado por Vilachá perdeu no seu último encontro fronte o Celta “B” 1-3 e debe gañar na súa visita o Colegio Hogar para impedir que os seus rivais na loita por manter a categoría se afasten.
O cadete “B” recibe no Colexio Mirafores o Arenteiro, no seu encontro copeiro. Neste sistema de liguilla, os vermellos marchan terceiros, posto que otorga o acceso a seguinte fase. 3 puntos en dous partidos para os nosos, que se enfrontan a un rival que suma 3 encontros e 3 vitorias.
O conxunto infantil disputa partido na súa liguilla polo título. Os vermellos marchan arestora en 7ª praza con 5 puntos a 3 dos postos que dan acceso a xogar o playoff de ascenso a liga galega. Os nosos visitan o Pabellón Promesas que marcha en segundo lugar na táboa e que se considera un rival directo.
O infantil “B” todavía ten opcións de acadar unha praza de ascenso. Están a 6 puntos do segundo, pero cun partido menos. Esta fin de semana reciben os nosos amigos de A Peroxa, nunha final, a falta de 3 xornadas para o remate da competición, para pelexar praza de ascenso.
O alevín, que está a 5 puntos dos postos que dan acceso o sector galego, descansa esta fin de semana.
O alevín “B” enfrontarase o CD Allariz a domicilio, nun partido no que os nosos tratarán de sumar ante un rival moi compricado coma local.
O alevín “C”, que marcha líder do seu grupo con 33 puntos e os seus 11 partidos xogados gañados, recibe o Santa Teresita “B”, equipo da parte baixa da táboa e onde os nosos buscarán prologar a súa racha positiva de pleno de triunfos.
O benxamín descansará esta xornada
O benxamín “b” recibe no Miraflores a ED Ourense “B”. Os nosos suman 4 puntos en 8 partidos de competición e reciben a un rival da parte alta da táboa.
O prebenxamín xoga na casa fronte o líder, o AD Bosco. Na desputa polo título de Liga, os vermellos están a 5 puntos dos postos que dan acceso o sector galego. Partido moi compricado para os nosos para as aspiracións de defender a UD Ourense entre as mellores canteiras de Galicia.
O prebenxamín “B”, inmerso na liguilla da Copa, reciben a UD Ourense “B”, nun encontro no que nos nosos tratarán de sumar os seus primeiros puntos en competición, diante dun rival que marcha colíder e conta todos os seus partidos por triunfo.
Horarios:
La entrada Previa da fin de semana para #ANosaBase aparece primero en Unión Deportiva Ourense.
Enlace con la noticia original: Previa da fin de semana para #ANosaBase